Bandas sonoras de cinema para a fin de semana en Ribadeo

A Banda de Ribadeo ofrecerá un concerto que o director, David Ballester, anuncia que incluirá “obras de diferentes filmes, desde animación como de acción” coñecidas por todos os públicos.

CARTEL CONCERTO MÚSICA DE CINE DA BANDA DE RIBADEO (21-08-21)

A música do cinema máis clásico como do máis actual será a protagonista da noite deste sábado 21 en Ribadeo. Consonte vén sendo tradicional, a Banda de Ribadeo ofrecerá un concerto de música cinematográfica que incluirá bandas sonoras de filmes de diversos xéneros.

O concerto celebrarase o día 21 de agosto ás 22:00 fronte o edificio de Aduanas, xunto ao parque de San Francisco. En caso de mal tempo, o acto quedaría aprazado para outra data.

O director da Banda de Música de Ribadeo, David Ballester, anunciou que o concerto constará de “diferentes filmes coñecidos por xente nova como maior”. Ademais, Ballester tamén apuntou que “mentres se interpretan as bandas sonoras tamén se proxectarán en pantalla escenas deses filmes”.

O propio director tamén adiantou que moitas das pezas que se poderán oír o vindeiro sábado “serán interpretadas por primeira vez pola nosa banda, iso quere dicir que segue funcionando ben”. Ballester lembrou a necesidade de manter as distancias de seguridade, levar máscara e todas as medidas de prevención contra a COVID durante o espectáculo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here